Estudios Abertos Ourense
II Edición
Espazos
Artistas
Pintura, escultura, ilustración, colaxe, artes visuais, arte sonora, arte conceptual, street art, arte contemporánea, instalación…
A creación artística, malia as forzas que a queren marxinal, está sempre presente. En contextos periféricos e precarios como o de Ourense, abrir as portas da arte convértese nun cesto político: unha aposta polo valor do que vai máis alá do monetario pero que sostén a nosa vida colectiva. Vivir da arte é case sempre un milagre e, as máis das veces, unha quimera. Con todo, xeración tras xeración, a pulsión creativa renace. A arte e as artistas son hoxe máis necesarias ca nunca.
A edición 2025 de Estudios Abertos Ourense testemula esa resistencia: 19 espazos e máis de 30 artistas na cidade e en concellos da provincia (Bande, Xunqueira de Espadanedo, Taboadela, Allariz) configuran un mosaico de prácticas que van do amateurismo ao profesional, de artistas referenciais da arte galega a creadoras emerxentes con proxección internacional, de obradoiros comunitarios a espazos íntimos de creación.
Na vocación deste evento está tender fíos, abrir portas e convidar a atravesalas: para abrirmonos ao inesperado e para que, a través delas, circule aire novo que inunde a cidade e a provincia.