Skip to content Skip to footer

ARTURO ANDRADE

Nado en Outeiro de Orraca, Allariz, en 1956. Arturo formouse en Elgoibar, onde estudou maestría na especialidade de axustador. A disciplina técnica e o contacto coa precisión do ferro marcaron o inicio dunha traxectoria que pronto derivou cara á escultura, tras descubrir a talla en madeira durante o servizo militar.

Ao regresar a Galicia decide dedicarse plenamente á creación artística, traballando con madeira, barro, pedra e bronce.

Ao longo da súa carreira expuxo en España, Xapón, Países Baixos e Estados Unidos.     Entre as súas intervencións no espazo público destacan Ártabros no parque da Torre de Hércules da Coruña, o Homenaxe á Festa do Boi en Allariz, o Homenaxe ao médico rural en Laza ou o Belén monumental no monte Morkaiko de Elgoibar.

En 1994 regresa a Elgoibar e a súa obra vira cara a formas industriais inspiradas en engrenaxes, eixes ou tubos, empregando materiais como o poliestireno. Desde 2015 reparte o seu tempo entre Elgoibar e Outeiro de Orraca, onde mantén o seu estudo, traballando entre dous contextos artísticos que se retroalimentan e definindo unha obra que une tradición artesanal e linguaxe industrial.

Info do Espazo

–

DirecciónOuteiro de Orraca n.24 AllarizHorarioSábado 17 e domingo 18 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00hRoteirosReserva a túa praza aquíWebwww.arteandrade.comShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]