Skip to content Skip to footer

FAQ

Pero isto de que vai? Algunhas preguntas frecuentes para sacar o mellor proveito desta experiencia.

Estudios Abertos é un evento que se celebra en numerosas cidades do mundo desde hai anos. En Galicia, A Coruña conta cun evento similar con máis dunha ducia de edicións, pero esta será a primeira vez que algo así se organiza en Ourense. Abrimos as portas dos estudios de artistas de Ourense e a súa contorna. 13 espazos e máis de 25 artistas agardan por ti para que coñezas de primeira man o que se está a crear nos estudios da cidade.

A entrada é de balde. Porén, por un prezo simbólico, podes mercar o kit «Pequeno Mecenas», que inclúe unha totebag oficial desta primeira edición e outros agasallos dos nosos patrocinadores. Ademais, ser un visitante activo ten recompensa: haberá sorteos entre quen visite máis da metade dos espazos.

Non. O evento ten un carácter expositivo e informativo. Moitas das obras que verás nos estudios non teñen por que estar á venda. Con todo, visitar un estudio de artista sen intermediarios pode ser unha excelente ocasión para agasallar ou agasallarte con arte. A organización non media nin cobra comisión polas vendas que poidan producirse, polo que calquera transacción será directamente entre o artista e a persoa interesada.

Podes conseguir un programa en formato mapa que che guiará polos espazos da cidade. Estará dispoñible exclusivamente nos Establecementos Colaboradores, que podes consultar na sección correspondente desta web. Ademais, no apartado «mapa» da web, podes acceder a cada espazo e, se clicas na dirección desde un dispositivo móbil, levarate a Google Maps para localizar o lugar.

Estaremos encantados de informarte. Contacta con nós e explicarémosche como participar.

Si, os horarios son os seguintes:

  • Venres 25: de 17:00h a 21:00h
  • Sábado 26: de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h
  • Domingo 27: de 11:00h a 14:00h

A tarxeta mecenas, incluída no kit da totebag, busca animarte a vivir unha experiencia inmersiva. Poderás cuñala en cada visita e, no último estudio que visites, entregarala cos teus datos. Se visitaches máis de 5 estudios, entrarás no sorteo de 3 pezas exclusivas de Fina Rei elaboradas en chocolate, inspiradas nas obras dos artistas participantes.

Realizamos unha convocatoria e contactamos directamente con artistas profesionais da contorna de Ourense. Nesta primeira edición, limitámonos á cidade e proximidades. O equipo curatorial seleccionou espazos atendendo a criterios técnicos, de calidade, coherencia entre espazos e artistas, entre outros. Algúns artistas non puideron participar por dispoñibilidade ou outros motivos, pero quedan na nosa base de datos para futuras edicións.

Contacta connosco e avisarémoste cando se abran as inscricións para a próxima edición. Será un pracer valorar a túa participación.

Contacta connosco para resolver calquera outra consulta.