Skip to content Skip to footer

XOSÉ POLDRAS

Xosé Poldras regresa por terceiro ano consecutivo a Estudios Abertos Ourense. O seu estudio, situado na rúa Barros Sibelo, na zona das Lagoas, foi ata agora o único espazo participante nesta parte da cidade. Nesta edición sumaranse outros tres nas proximidades, convertendo o eixo Lagoas–avenida de Bos Aires nun dos puntos quentes do percorrido.

Artista e docente cunha ampla traxectoria, Poldras é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado pola Universidade de Salamanca. A súa carreira está centrada no gravado e na gráfica contemporánea, cunha obra recoñecible pola precisión técnica, a forza do debuxo e unha imaxinación cargada de ironía.

O seu traballo forma parte de coleccións como as da Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de Taiwán en España ou o Museo Estatal de Majdanek, en Polonia.

Info do Espazo

–

DirecciónRúa Barros Sibelo Baixo 2HorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Webxosepoldras.blogspot.comShare