Skip to content Skip to footer

MANUEL BUCIÑOS

Nesta 𝘐𝘐𝘐 𝘦𝘥𝘪𝘤𝘪𝘰́𝘯 𝘥𝘦 𝘌𝘴𝘵𝘶𝘥𝘪𝘰𝘴 𝘈𝘣𝘦𝘳𝘵𝘰𝘴 𝘖𝘶𝘳𝘦𝘯𝘴𝘦 teremos novamente a honra de abrir as portas do taller de Manuel Buciños, situado na aldea de Bobadela.

Cunha traxectoria de máis de sesenta anos, Buciños é unha figura fundamental da arte galega contemporánea. A súa obra, presente en museos, coleccións e espazos públicos de toda Galicia, combina tradición e modernidade a través de formas que transmiten forza e sensibilidade. Autor de pezas emblemáticas que forman parte da paisaxe urbana galega desde hai décadas, foi recoñecido con galardóns como o Premio Otero Pedrayo, o Premio Trasalba ou o Celanova, Casa dos Poetas.

O seu taller abrirá exclusivamente o domingo 18 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h. Aínda que se atopa no termo municipal de Ourense, a visita implica un pequeno desprazamento ata Bobadela, que poderá realizarse por conta propia ou a través do roteiro organizado para esa mesma tarde.

O roteiro incluirá tamén visitas ao taller de Xosé Cid e á Fundación Quesada. As prazas poderán reservarse na nosa web a partir do 1 de outubro.

Unha ocasión excepcional para coñecer de preto o espazo de traballo dun dos grandes escultores do noso país.

Info do Espazo

18 OUT de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

Dirección / LocalizaciónRúa Penafiel, 9, BobadelaHorarioO estudio abre exclusivamente o Domingo 18 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. Poderase visitar por libre desprazándote polos teus propios medios ou reservando praza no roteiro Xosé Cid, Fundación Quesada e Buciños, na mesma tarde do día 18.RoteirosReserva a túa praza aquíWebManuel BuciñosShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]