Skip to content Skip to footer
0
Espazos

Estudios Abertos Ourense
III Edición

+ 0
Artistas
Pintura, escultura, ilustración, colaxe, artes visuais, arte sonora, arte conceptual, street art, arte contemporánea, instalación…

Estudios Abertos Ourense naceu para abrir as portas dos espazos nos que as artistas e os artistas da provincia desenvolven a súa práctica. Entrar nun estudio permite achegarse á obra desde o lugar no que nace e ofrece un pracer inigualable e case inconfesable: satisfacer a curiosidade de entrar nun territorio que adoita permanecer fóra do alcance da nosa mirada.

Pero abrir os estudos é tamén activar relacións. Estudios Abertos propón un encontro directo entre artistas, públicos e outros axentes. Por iso, este ano é tamén unha chamada a mirar o Ourense que habitamos e nos rodea cos ollos da arte: a descubrir e poñer en valor as creadoras e creadores da provincia, a visitar as galerías e espazos de arte da cidade, a conectar mundos que adoitan camiñar sen se cruzaren, por máis que apenas haxa distancia entre eles. Porque hai moitas maneiras de relacionarse coa arte e estamos convencidas e convencidos de que, fronte á idea de que a arte contemporánea é algo alleo ou distante, basta prestar un pouco de atención para descubrir que está moito máis cerca de nós do que pensamos.

E entre todas esas relacións queremos este ano poñer en valor unha da que quizá se fala menos: a de quen compra arte. Quen decide convivir cunha obra non é simplemente o último elo dunha transacción, senón un axente activo do ecosistema artístico: escolle, incorpora, conserva e prolonga a vida das obras máis alá do estudio ou da galería. Quizais, se empezamos tamén a contar esas historias, descubramos que comprar arte é algo moito máis próximo do que parece, que pode ir máis contigo do que pensas e que, quen sabe, tal vez poida ser contaxioso.

Porque comprar arte mola.

ANDÉN 1
Carmen Rey, José Antonio Prieto, Luca Log, María Jesús Ballester, Moncho Barazeiro, Tati Pelo e Uxía Mangana.
FONTE DO OURO
Olga Bernardo, Toño Monteiro, María Alonso Murias, Antonio Álvarez, Luisa Álvarez e Soledad Blanco
MANUEL BUCIÑOS
18 OUT de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
DODO DADÁ
Marita Carmona, Xosé Vilamoure, Óscar Sánchez e Eva Ragnarok
RAMÓN CONDE
24 OUT de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.
EXPOPLANETARIUM
Adriana Pérez, Alfonso Rodríguez e Chinöski
O CABALO FOSFORITO
Artista: Marta Dorribo
BALDOMERO MOREIRAS
18 OUT de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
O COVIL
Chus Lamas. Artista invitado: Xosé Eladio
PITA NA URALITA
Eva González Formoso e Neila Escanciano (Neescu)
NATASHA LELENCO
Convidada: Tareixa Taboada
XOSÉ CID
18 OUT de 16.00 a 20.00
FRENÉTICA LAB
María Dulce Duarte-Silva (MID) e Elena Guevara
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]