Skip to content Skip to footer

MAR RAMÓN SORIANO

Foto: Lois Cid

 

Mar Ramón Soriano é unha das voces novas máis sólidas da arte contemporánea galega. Nesta terceira edición de Estudios Abertos Ourense abrirá por primeira vez as portas do seu estudio en Niñodaguia, un lugar cunha profunda tradición oleira que conecta tamén coa súa historia familiar e coa súa investigación artística.

Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, reside habitualmente en Ourense. A súa traxectoria inclúe estancias e residencias artísticas en Nova York, Marsella, Santiago de Compostela, Alcora, Portugal, Sofía e Córdoba.

Realizou exposicións individuais en espazos como a Galería Nordés da Coruña, Zona C de Santiago de Compostela ou Art Mustang de Elche. Participou tamén en mostras colectivas en institucións como o Centre del Carme Cultura Contemporània de Valencia, o Auditorio de Galicia, o CGAC, o MARCO de Vigo ou a Fundación RAC.

A súa investigación sitúa a materialidade das cousas no centro, explorando as relacións entre obxectos, corpos e espazos a través do peso, a resistencia e a fraxilidade. Traballa especialmente con materiais comúns e cotiáns, que reinterpreta para cuestionar os seus significados e as relacións que establecemos con eles.

A apertura do seu taller permitirá coñecer estes procesos desde o lugar no que se desenvolven e descubrir como a práctica contemporánea de Mar dialoga coa tradición oleira de Niñodaguia, coa memoria familiar e cos materiais vinculados ao territorio.

Foto: Lois Cid

Info do Espazo

–

Dirección / LocalizaciónRúa Pumar 15 Niñodaguia, Xunqueira de EspadanedoHorarioSábado 17 e domingo 18 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.RoteirosReserva a túa praza aquíwebmarramonsoriano.cargo.siteShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]