Premio Adquisición
O I Premio Adquisición La Torta Ourense é unha iniciativa de A Maquinadora que busca recoñecer o traballo das e dos artistas profesionais participantes en Estudios Abertos Ourense 2025, promovendo o coleccionismo e o apoio da sociedade á creación contemporánea.
Nesta primeira edición, patrocinada por Cafetería La Torta Ourense, o xurado formado por Nuria Pereira Marimón, Tareixa Taboada e unha representante da empresa patrocinadora valorará as seguintes pezas, expostas nos espazos das súas creadoras e creadores durante o evento.
A deliberación do xurado farase ao longo da tarde do sábado 24 e será comunicado ás 11:30h. do domingo 26 no estudio do/a artista premiada.


Ehlaba Carballo de Dios
Espazo participante:
Ehlaba Carballo de Dios – Xunqueira de Espadanedo.
Título da obra: 110
Técnica / Materiais empregados:
Óleo sobre tela.
Dimensións:
100 x 50 cm.
Descrición:
Fálanos dun círculo que emite e relexa luz branca sobre elementos da natureza.

Xosé Poldras
Espazo participante:
Taller de Xosé Poldras – Rúa Barros Sibelo, Ourense.
Título da obra: 21088
Técnica / Materiais empregados:
Gravado colográfico e gofrado sobre papel.
Dimensións:
39.5 x 70.5
Descrición:
Unha figura mitolóxica e outra humana establecen unha relación decodificada en números nunha paisaxe neutra.

Mon Devane
Espazo participante:
Estudio Mon Devane – Rúa Parada Justel, Ourense
Título da obra: Pulpeza 0
Técnica / Materiais empregados:
Óleo, acrílico e spray sobre lienzo de lino.
Dimensións:
150 x 150 cm.
Descrición:
PULPEZA. Sustantivo femenino. Dícese de aquella pieza de arte o rareza salida del imaginario de Mon Devane que representa un tentáculo de pulpo con aspecto cerámico sobre el que se interviene con tags propios del graffiti.
El pulpo, icono de Galicia, es el elemento principal alrededor del que giran todas las obras de la colección Pulpezas. La pieza número 0 es el primer boceto, el lienzo original que serviría para crear todo el universo posterior de Pulpezas, y en el que se representa un tentáculo con un movimiento orgánico, simulando acabado cerámico e intervenido con tags siempre relacionados con el pulpo á feira.
Este lienzo está creado para que pueda ser colocado en todos los sentidos, en sus dos horizontales o verticales, dependiendo de lo que el espacio y el espectador demande.





Xosé Vilamoure
Espazo participante:
Galería Dodó Dadá
Título da obra: 5 Figuras
Técnica / Materiais empregados:
Barro negro cocido e pintado
Dimensións:
15 alto x 5 ancho x 12 diámetro aprox.
Descrición:
E un traballo recén realizado (pertence a unha pequena serie de 5 obras), inspirado nas formas xeolóxicas e antromomorfas, e tamén o que ollo da natureza. Tamén deixo pegadas de obxectos cotiáns que me acompañan no obradoiro. Ao mesmo tempo deixóme levar por certa inconscenza creativa E tamén o pracer que me producen tocálas, e ollálas. Sentilas como peles perdurables

Marita Carmona
Espazo participante:
Galería Dodó Dadá
Título da obra: Sol
Técnica / Materiais empregados:
Óleo sobre lenzo (sen bastidor)
Dimensións:
81,5 x 100 ancho
Descrición:
Realizada nunha linguaxe próxima ao surrealismo, a obra alude ao desexo de que, mesmo para un pequeno animal, exista tamén un sol. Un corpo fronte á luz: a posibilidade de existir.




Natasha Lelenco
Espazo participante:
Natasha Lelenco – Rúa San Froilán
Título da obra: Love Wild
Técnica / Materiais empregados:
Óleo, pintura en aerosol e acrílico sobre lenzo.
Dimensións:
73 x 54 x 2 cm.
Descrición:
Love Wild pertence á serie Familiar Icons, onde me apropio da imaxinería relixiosa para cuestionar as dinámicas de poder que se constrúen no íntimo. A figura mariana, motivo recorrente nesta serie, reaparece aquí transformada nunha nai e criatura híbridas: adorables e monstruosas ao tempo. A tatuaxe nos dedos (Love Wild) dá nome á peza e condensa esa ambigüidade entre o tenro e o salvaxe. Traballo con esa linguaxe cute e kitsch para abordar o sentimental dende o absurdo e o cómico, cuestionando a solemnidade das iconas familiares e a súa natureza culturalmente construída.