Skip to content Skip to footer

O CABALO FOSFORITO

O Cabalo Fosforito é un proxecto de Marta Dorribo que funciona como taller da propia artista, escola de arte e sala de exposicións. Dispón de taller de gravado e serigrafía así como dun laboratorio de fotografía analóxica.

Ademáis de promover a educación artística, O cabalo fosforito está pensado tamén como un espazo para o encontro, a colaboración entre creadoras e o crecemento cultura. Un espazo físico en Ourense onde as persoas poden aprender, experimentar, producir e expoñer arte.

Marta Dorribo é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e formouse posteriormente en Fotografía Artística na EASD Antonio Faílde de Ourense. A súa obra caracterízase pola variedade de técnicas, decantándose nos últimos anos pola edición de imaxes, coa serigrafía como técnica principal. Marta explora temas como a identidade, a memoria e o paso do tempo nas súas creacións, reflectindo un enfoque profundo e introspectivo. Ademais de ser a impulsora de O cabalo fosforito, dirixe e imparte clases no espazo.

Info do Espazo

Artista: Marta Dorribo

Dirección / LocalizaciónAvenida de Marín 37 baixo - OurenseHorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Webocabalofosforito.esShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]