Skip to content Skip to footer

O CABALO FOSFORITO

O Cabalo Fosforito, o estudo de Marta Dorribo nas proximidades da Estación de tren abre novamente as súas portas nesta II edición de Estudios Abertos Ourense, nesta ocasión contará coas artistas convidadas Eva González Formoso e María Novoa, ampliando a proposta do taller cun diálogo xeracional arredor da ilustración e a pintura contemporánea.

Marta Dorribo

Marta Dorribo é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e formouse en Fotografía Artística na EASD Antonio Faílde de Ourense. A súa obra caracterízase pola mestura de técnicas, decantándose nos últimos anos pola imaxe como medio principal. Marta explora temas como a identidade, a memoria e o paso do tempo nas súas creacións, reflectindo un enfoque profundo e introspectivo. Ademais de ser a impulsora de O Cabalo Fosforito, dirixe e imparte clases no espazo, promovendo a educación artística e a colaboración con outros creadores.

María Novoa

María Novoa, deseñadora e ilustradora galega, licenciouse en Belas Artes e completou o Máster en Dirección de Arte e Publicidade en Pontevedra. Desenvolveu a súa carreira no eido do deseño dixital e da ilustración, traballando en proxectos de UI/UX e identidade visual, e recentemente orienta o seu camiño cara á docencia. A súa obra combina técnicas dixitais e tradicionais para crear retratos, ilustracións personalizadas e proxectos gráficos nos que conflúen influencias do cine, o feminismo e o minimalismo, explorando emocións ligadas á fraxilidade, á introspección e ao humor.

Eva González Formoso

Eva González Formoso, pintora e ilustradora formada en Ilustración na EASD Antonio Faílde de Ourense, inspírase no rural, na natureza, na fantasía e na cultura visual da súa xeración. Alterna técnicas tradicionais como acuarela, acrílico ou óleo con ferramentas dixitais, e tamén desenvolve unha vertente artesanal con pequenas figuras e obxectos en porcelana fría. Actualmente prepara a apertura do seu propio espazo creativo en Ourense, ao tempo que participa en feiras e proxectos por toda Galicia.

Info do Espazo
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]