Skip to content Skip to footer

XOSÉ CID

AVISO

IMPORTANTE: A Casa Estudio de Xosé Cid só poderá ser visitada o sábado entre as 17:00h e as 21:00h. Próximamente publicarase a dispoñibilidade de reserva de praza no catabús, que ofrecerá visita ao estudio e cata de viños cun sumilier das adegas Martín Códax.

Xosé Cid

Nacido no Val da Rabeda en Ourense, comeza a súa andaina de maneira autodidacta a finais dos anos sesenta sen adscribirse a escola ou grupo algún. Traballa co barro, madeira, pedra, mármore e bronce como elementos principais que dan a entender unha escultura que trata de superar a plástica figurativa cara a unhas formas sintéticas. Ten feito unha importante cantidade de obra pública, das que poden destacarse o monumento a Breogán, nos arredores da Torre de Hércules na Coruña; o monumento a Concepción Arenal, en Ferrol; a San Rosendo en Ourense, e moitos outros monumentos e bustos espallados por Galicia de destacados escritores, coma Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares ou Otero Pedraio. Ten obra en importantes colecións privadas e públicas. A evolución da súa obra ata hoxe o conforma coma unha das figuras máis salientables da escultura galega dos últimos cincuenta anos.

Info do Espazo
IndicaciónsA Casa Estudio de Xosé Cid só poderá ser visitada o sábado entre as 17:00h e as 21:00h. Próximamente publicarase a dispoñibilidade de reserva de praza no catabús, que ofrecerá visita ao estudio e cata de viños cun sumilier das adegas Martín Códax.Dirección / LocalizaciónEsplanada Hotel Conde, TaboadelaWebxosecidmenor.wordpress.comShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]