Skip to content Skip to footer

NATASHA LELENCO

Nesta III edición de Estudos Abertos Ourense volveremos achegarnos ao traballo de Natasha Lelenco, que nesta ocasión abrirá o seu espazo de creación xunto a Tareixa Taboada, como artista convidada

Natasha Lelenco

Nada en  (Chișinău, Moldavia), é unha artista visual que traballa principalmente desde a pintura, combinando técnicas tradicionais de veladuras con campos de cor pura, degradados e códigos visuais do universo dixital.

No seu traballo, o feito a man e o dixital contamínanse nunha recoñecible paleta vibrante e superficies lúdicas que, con todo, conteñen unha marcada disonancia, un fondo tráxico.

A multiplicidade percorre toda a súa obra. Diferentes linguaxes pictóricas chocan; os corpos fúndense cos fondos; as formas humanas vólvense vexetais ou artificiais, e o artificial adquire trazos humanos. O seu imaxinario móvese entre o sagrado e o absurdo, facendo convivir iconografía ortodoxa, publicidade, emojis ou interfaces dixitais.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Arte e Deseño de Cluj-Napoca e graduada en Historia da Arte pola UNED, dende 2016 desenvolve un corpo de traballo no que aborda cuestións vinculadas á identidade, a memoria, a migración, o duelo e os vínculos familiares e comunitarios. En proxectos como Pământeşti, Señores Importantes, Fetiches, Comensais, Iconas Familiares, Monedas de Cambio ou URthe1

A súa obra foi presentada en exposicións e proxectos en España, Portugal, Alemaña, Dinamarca, Bélxica, México e Estados Unidos, e forma parte de coleccións privadas en distintos países.

A Sala Alterarte, espacio de arte da Universidade de Vigo no Campus de Ourense acolle a súa exposición LSYTSDA, que pode visitarse ata o 14 de novembro.

Tareixa Taboada

É historiadora da arte, artista, crítica e comisaria, cunha práctica vinculada á creación contemporánea, á crítica e ao activismo cultural. O seu traballo parte dun posicionamento comprometido, atento ás relacións entre arte, sociedade e estruturas de poder, e interésase especialmente polos mecanismos que condicionan a visibilidade, a lexitimación e a circulación das prácticas artísticas.

Unha parte central da súa investigación aborda a desigualdade de xénero no sistema da arte e os procesos de invisibilización das artistas,  cuestionando as estruturas, discursos e institucións que historicamente construíron o relato artístico desde unha perspectiva predominantemente masculina. A través da práctica plástica, o comisariado, a escritura e proxectos de sensibilización, o seu traballo procura activar unha mirada crítica fronte á apatía cultural, ás lóxicas do mercado e aos mecanismos que condicionan a recepción da arte contemporánea.

Especialista en Arte Contemporánea, compaxina a súa actividade artística coa crítica de arte de La Voz de Galicia na edición de Ourense, a dirección artística da Galería de Arte Visol e a docencia. Participou en proxectos de sensibilización feminista vinculados ao Ministerio de Igualdade e en diversas iniciativas de divulgación cultural. 

A súa obra foi presentada en exposicións e proxectos como ZEIT, NIHIL, ZOON POLITIKON ou TZANTZA, así como en espazos e institucións de España e do ámbito internacional. Participou tamén en feiras e proxectos en París, Mónaco, Brasil, Finlandia, Rusia e Costa Rica. A súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas, entre elas a Colección de Arte do Museo Municipal de Ourense e o Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

Info do Espazo

Convidada: Tareixa Taboada

Dirección / LocalizaciónRúa San Froilán nº2 1º Esquerda, Ourense - (Como chegar)HorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Webnatashalelenco.comShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]