Skip to content Skip to footer

ANDÉN 1

Andén 1 é unha asociación cultural situada nunha antiga nave do complexo ferroviario de Ourense, no barrio da Ponte e a poucos metros da estación. Fundado en 2014, naceu da necesidade de contar cun espazo aberto á cultura, á reunión e á vida comunitaria, cunha especial vinculación ao Entroido e ao patrimonio material e inmaterial de Ponte Canedo.

Polo seu local pasaron artistas, músicos, escritores, poetas, colectivos sociais e toda clase de persoas con vontade de compartir inquedanzas e proxectos. Durante o resto do ano é obradoiro, escenario, lugar de reunión, zona de vermú e espazo para celebracións; durante Estudios Abertos convértese nun auténtico feirón ecléctico de arte, con sitio para artistas veteranos e novas voces da creación ourensá.

Andén 1 é xa un clásico imprescindible do programa e representa a súa dimensión máis aberta, colectiva e festeira. Nesta edición reúne sete artistas con linguaxes e traxectorias moi diferentes, construíndo un panorama plural da creatividade local.

Carmen Rey

Presenta unha ilustración dixital poética na que conflúen o corpo humano, a natureza e a memoria.

José Antonio Prieto

Explora mediante o óleo e o acrílico a intensidade da cor e da textura, entre o impresionismo e o expresionismo. Luca Log combina escultura, ebanistería, pintura e graffiti, facendo dialogar o rigor do oficio coa liberdade da vangarda.

María Jesús Ballester Rodríguez

Desenvolve unha pintura fresca e cromática, de trazos soltos pero controlados, construída desde a primeira intención. 

Moncho Barazeiro

Traballa coa pintura, a escultura e o deseño dixital, mesturando materiais e técnicas para crear obras abertas á interpretación de quen as contempla.

Tati Pelo

Constrúe universos fantásticos cheos de cor e formas híbridas, nos que realidade e imaxinación conviven con naturalidade. 

Uxía Mangana

Desenvolve unha práctica multidisciplinar que transita do debuxo á arte téxtil, cunha linguaxe ecléctica alimentada por influencias occidentais e orientais.

Info do Espazo

Carmen Rey, José Antonio Prieto, Luca Log, María Jesús Ballester, Moncho Barazeiro, Tati Pelo e Uxía Mangana.

Dirección / LocalizaciónAvenida de Marín, s/n Nave Renfe, Fronte a Restaurante Antiga Leitería - (Como chegar)HorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Share
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]