Autobuses
As visitas aos talleres de artista son totalmente libres, polo que ti podes deseñar o teu propio itinerario. Dentro dos horarios de portas abertas poderás dirixirte aos estudios cando o desexes sen necesidade de reserva previa:
● Venres 25: 17:00h a 21:00h
● Sábado 26: 11:00h a 14:00h e 17:00h a 21:00h
● Domingo 27: 11:00h a 14:00h
O sábado 26 ofrecémosche dous roteiros en minibús coa colaboración de Anpián para visitar os estudios situados na periferia de Ourense. As viaxes son gratuítas, pero con prazas limitadas que se asignarán por orde de reserva.
Bus 1. Sábado 26. Mañá:
- Saída: 10:30h desde o intercambiador da Alameda.
- Estudio de Baldomero Moreiras (Golpellás, Paderne de Allariz).
- Estudios de Xosé e Rosendo Cid (Taboadela).
- Regreso: entre 13:30h e 14:00h.
- Inclúe degustación de Martin Códax.
Bus 2. Sábado 26. Tarde:
- Saída: 16:30h desde o intercambiador da Alameda.
- Estudio de Manolo Figueiras (Cambeo, Coles).
- Estudio de Sula Repani (Tamallancos, Vilamarín).
- Estudio de Isabell Seidel (As Quintás, Amoeiro).
- Regreso: entre 19:30h e 20:00h.
- Inclúe degustación de Martin Códax.