Skip to content Skip to footer

O COVIL

O Covil é o taller onde Chus Lamas, ademais de adicarse á escultura realiza traballos de deseño e fabricación artesá en madeira, restauración e tapizado de mobles. Está situado na parroquia de Santo Estevo de Untes, un espazo no rural moi preto da cidade de Ourense, a carón do Miño, rodeadas de elementos naturais que lles serven de inspiración ao que se pode achegar un perfectamente a través da rede de transporte urbano.

Chus Lamas

Tras o seu paso pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, na que cursou Ebanistería Artística, sentiu o impulso de desenvolver a súa faceta artística por medio da escultura.

A través dun diálogo coa madeira crea obras de arte escultóricas que contan as súas inquedanzas sobre as problemáticas da muller na sociedade.
Mediante as técnicas de talla e torneado dálle forma á materia axudada polas cualidades damesma.

Xosé Eladio

É artista plástico e muralista contemporáneo. A súa caixa de ferramentas é a cor e dentro da mesma traballa varios estilos mesturando o realismo e a figuración. Descubriu que podía dicir as cousas con cores e formas, cousas que non podía dicir doutra maneira porque non atopaba as palabras.

Ten no seu haber moitas exposicións, especialmente na provincia de Pontevedra e Ourense.

Info do Espazo

Chus Lamas. Artista invitado: Xosé Eladio

Dirección / LocalizaciónRúa Igrexa, Camiño A, Nº 3 32990 Santo Estevo de Untes, OurenseHorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Webocovil.galShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]