Skip to content Skip to footer

XOSÉ CID

Nesta 𝘐𝘐𝘐 𝘦𝘥𝘪𝘤𝘪𝘰́𝘯 𝘥𝘦 𝘌𝘴𝘵𝘶𝘥𝘪𝘰𝘴 𝘈𝘣𝘦𝘳𝘵𝘰𝘴 𝘖𝘶𝘳𝘦𝘯𝘴𝘦 teremos novamente a oportunidade de visitar a Casa Museo de Xosé Cid, unha das figuras máis salientables da escultura galega contemporánea.

Nado no Val da Rábeda, San Cibrao das Viñas, en 1946, Xosé Cid comezou a súa traxectoria autodidacta a finais dos anos sesenta. Traballa con materiais como o barro, a madeira, a pedra, o mármore e o bronce, construíndo unha linguaxe propia que supera a figuración para avanzar cara a formas cada vez máis sintéticas.

A súa extensa traxectoria está marcada por unha importante presenza no espazo público, con obras emblemáticas como o monumento a Breogán na Coruña, a Concepción Arenal en Ferrol ou a San Rosendo en Ourense, ademais de numerosos bustos e esculturas espallados por toda Galicia.

Info do Espazo

18 OUT de 16.00 a 20.00

Dirección / LocalizaciónEsplanada Hotel Conde, TaboadelaHorarioO estudio abre exclusivamente o domingo 18 entre as 16:00h e as 20:00h. Poderás visitalo pola túa conta ou apuntándote no roteiro que se habilitará para reservas o día 1 de outubro e que inclúe a visita aos estudios de Manuel Buciños e á Fundación Quesada.RoteirosPoderás facer a túa reserva aquíWebxosecidmenor.wordpress.comAvisoO acceso ao estudio faise a partir do sinal indicado na esplanada do Hotel Conde que pode verse na imaxe adxunta.Share
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]