Buciños (Manuel García Vázquez, Buciños, Carballedo, Lugo, 1938) é un dos escultores galegos máis destacados. Tras trasladarse de neno a Ourense, estudou Belas Artes en Madrid grazas a unha bolsa da Deputación, e integrouse no grupo de artistas novos vencellados a Vicente Risco coñecidos como Os Artistiñas.
A súa obra, inicialmente en madeira e posteriormente en bronce, combina curvas pronunciadas e volumes rotundos con cavidades que confiren ás súas figuras unha personalidade singular.. Ao longo de máis de seis décadas realizou numerosas exposicións en España e no estranxeiro, estando representado en todos os museos galegos e en múltiples coleccións públicas e privadas. Autor de obras monumentais en numerosas cidades, a súa traxectoria foi recoñecida con premios como o Otero Pedrayo (2017), o Trasalba (2020) ou o Premio Celanova Casa dos Poetas (2023).
O seu taller en Bobadela (Ourense) abre por primeira vez nesta edición de Estudios Abertos permitindo descubrir de preto o universo creativo dun mestre da escultura contemporánea galega