Skip to content Skip to footer

Pack Mecenas

O Pack Mecenas é unha forma de participar activamente no evento e gozar dunha experiencia máis completa. Ademais de servir como recordo da túa participación, co Pack Mecenas contribúes a soster o proxecto.

A colaboración é de 25€ e inclúe:

  1. ⁠ ⁠A bolsa exclusiva desta edición que só poderás adquirir como mecenas.
  2. ⁠O mapa-programa de man.
  3. ⁠O album coleccionable. Consiste nunha lámina exclusiva con 6 ocos para 6 cromos. Os cromos son obras cedidas para a súa reprodución polos artistas participantes que só podes conseguir identificándote como mecenas cando entres en cada estudio. Se eres mecenas, agardarémoste na entrada dos talleres para agasallarte co cromo correspondente… Pero coidado! que son limitados! Se consigues os 6 participarás nun sorteo, pero sobretodo, terás unha lámina única que poderás gardar ou enmarcar como desexes.
  4. ⁠Bono desconto de 15 € por adquisición de obra por valor igual ou superior a 150€.
  5. ⁠A libreta MolesquinA, para que tomes nota de todo!
  6. ⁠Un agasallo doce de Fina Rei, que sempre se agradece.

Podes adquirir o teu pack en calquera dos teus estudios, pero se xa o tes claro e queres asegurarte de que o teu pack te agarda alí podes escribirnos a [email protected] co asunto PACK Mecenas e indicarnos:

  • Nome e apelidos:
  • Tlf:
  • Mail:
  • Cantos packs queres que te gardemos:
  • Estudio no que queres que cho teñamos reservado:

E cando fagas a túa primeira visita, xa o recolles.

Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]