Porque estarás axudando a facer posible este evento.
- Porque terás no teu negocio durante todo un ano un selo que acredite que es unha empresa implicada coa arte da túa cidade.
- Porque presumiremos na nosa páxina web de que o teu establecemento é un Espazo Colaborador.
- Porque nos esforzaremos en comunicar aos cerca de 40 artistas que participan no proxecto e a todo o resto da nosa rede de colaboradores que sodes unha empresa con sensibilidade.
- Porque serás dos primeiros establecementos en contar coa cartelería e poderás agasallar aos teus clientes cos mapas de estudios abertos que distribuiremos nas semanas previas ao evento.