Skip to content Skip to footer

RAMÓN CONDE

A participación de Ramón Conde é unha das grandes novidades desta edición de Estudios Abertos Ourense. Por primeira vez, o artista abrirá as portas do que foi o seu primeiro taller, situado na rúa Xoán de Nóvoa, no centro da cidade, e convertido actualmente nun espazo no que conserva unha mostra moi representativa dos seus cincuenta anos de profesión.

Esta apertura coincide cunha nova etapa persoal e profesional para o escultor, que, despois de desenvolver boa parte da súa carreira fóra da provincia, regresa a Ourense como lugar de vida e de traballo. Mentres prepara un novo taller nunha nave no Pereiro de Aguiar, a apertura do seu primeiro estudio funciona como unha sorte de inauguración simbólica deste regreso: unha oportunidade excepcional para percorrer cinco décadas de creación desde o lugar no que todo comezou.

Ramón Conde é un dos grandes referentes da escultura contemporánea galega. A súa obra, recoñecida dentro e fóra de Galicia e presente en numerosos espazos públicos de distintos países, sitúa a figura humana no centro. A través de anatomías intensificadas e volumes de gran forza expresiva, aborda cuestións relacionadas co corpo, o esforzo, a resistencia e a vulnerabilidade, explorando diferentes dimensións da experiencia individual e da condición humana.

Info do Espazo

–

Dirección / LocalizaciónRúa Xoan de Novoa, 7HorarioVenres 23 de 17:00 a 21:00. Sábado 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 25 de 11:00 a 14:00Webramonconde.comShare
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]