Soledad Blanco é artista, iconógrafa e creadora do Museo de Iconas de Santa Comba de Bande. Formada en pintura, repuxado, cerámica, dourado e restauración, desde comezos dos anos oitenta especializouse na tradición da icona bizantina, recuperando técnicas centenarias como a preparación da madeira, o dourado e a pintura ao ovo.
A súa traxectoria combina creación e docencia, cunha obra presentada en numerosas exposicións de arte sacra e iconografía. En 2025 realizou, por encargo do Cabido da Catedral de Córdoba, a icona do Concilio de Nicea con motivo do seu 1700 aniversario, presentada posteriormente tamén en Toledo.
En Santa Comba de Bande mantén un pequeno museo con preto dun centenar de pezas e, a escasos metros, o taller no que continúa traballando. A visita permitirá coñecer o único obradoiro dedicado á iconografía bizantina existentes no noso territorio e achegarse tamén á próxima igrexa visigótica de Santa Comba, nunha experiencia singular na que arte, oficio e patrimonio se atopan.
