Skip to content Skip to footer

LUISA ÁLVAREZ

Travesías de Luz é a iniciativa artística fundada en 2011 por Luisa Álvarez, deseñadora de iluminación arquitectónica que decidiu explorar a dimensión poética e política da luz como ferramenta creativa. Co pseudónimo Travesías, desenvolve instalacións lumínicas efémeras e permanentes, accións de guerrilla lighting e obras de neón, sempre coa participación do público como parte esencial.

A súa traxectoria levouna a presentar proxectos en festivais internacionais como a Fête des Lumières de Lyon, Glow en Washington, eventos en Moscova, Singapur, Shenzhen ou Frankfurt, así como en espazos como La Neomudéjar (Madrid). Obras como A la sombra de la muralla en Lugo, ou a serie Take Away en neón, consolidan unha linguaxe recoñecida a nivel global. Tamén impartiu talleres e conferencias en institucións como a ETSAM, Fundación Telefónica ou DUOC Chile.

Hai tres anos trasladouse ao rural ourensán, e nesta II edición de Estudios Abertos abrirá por primeira vez o seu estudio en Bande, na Fonte do Ouro, un espazo case para inaugurar que se anuncia como un dos máis descoñecidos e luminosos da programación.

Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]