Skip to content Skip to footer

ISABELL SEIDEL

Isabell Seidel é unha artista visual especializada en pintura plein air, tanto en acuarela como en técnica mixta. O seu traballo céntrase na observación do natural, complementada polas sensacións que evocan os lugares e as experiencias que utiliza como referencia. A exploración no caderno e o Urban Sketching son a base da súa pintura, caracterizada por pinceladas vigorosas e cores vibrantes, así como das súas ilustracións para clientes como Roberto Verino, o Concello de Ourense, a Deputación de Pontevedra ou a Universidade de Vigo.

Licenciada en Pedagoxía, Filoloxía Alemá e Filoloxía Hispánica, Isabell combina a súa práctica artística coa docencia, impartindo cursos e talleres nos que complementa os seus recursos artísticos coa súa formación académica. Fundadora da rama galega e durante anos corresponsal e administradora do colectivo Urban Sketchers Spain, as súas obras foron recoñecidas con numerosos premios en certames de pintura e pintura ao aire libre.

Info do Espazo