Skip to content Skip to footer

XOSÉ POLDRAS

Xosé Poldras é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado pola Universidade de Salamanca, onde recibiu unha bolsa Erasmus de doutoramento en ‘s-Hertogenbosch e Maastricht. Completou a súa formación con cursos específicos de gravado en diferentes talleres, como o centro Augatinta en Lugo e o Museo Fundartes en Ribeira. Desde 1989, expón a súa obra, principalmente no ámbito do gravado, aínda que tamén desenvolve traballos noutros xéneros artísticos. Entre os seus recoñecementos destaca o 2º Premio Internacional no III Certame de Gravado Dinastía Vivanco.

Ao longo da súa carreira, dirixiu numerosos obradoiros de creación en disciplinas como o debuxo, gravado, fotografía, ilustración e poesía visual. A súa obra está presente en coleccións como as da Biblioteca Nacional de España ou o Museo Majdanek en Polonia, e forma parte de exposicións permanentes no Museo do Viño de Galicia e no Museo Etnográfico de Ribadavia, entre outros. As súas exposicións estendéronse por Galicia, España e a nivel internacional. Entre as súas últimas exposicións individuais destacan Diálogo dos Peixes, no Centro Cultural Marcos Valcárcel en 2023, e Os Caprichos Espidos, no Fundartes Museo do Gravado en Ribeira, A Coruña, en 2022.

Ademais de achegarnos e coñecer a súa obra e técnicas de traballo, durante as xornadas de Estudios Abertos ofrecerá aos visitantes a posibilidade de realizar eles mesmos unha estampación, levando consigo se o desexan unha peza orixinal e personalizada por un prezo accesible.  

Info Espazo
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]