Skip to content Skip to footer

FAQ

Pero isto de que vai? Algunhas preguntas frecuentes para sacar o mellor proveito desta experiencia.

Estudios Abertos Ourense é un evento cultural no que artistas da cidade e da provincia abren as portas dos seus espazos de traballo ao público. É unha ocasión única para descubrir como e onde nace a arte, conversar coas persoas creadoras e coñecer a diversidade creativa do noso territorio.
Tras o éxito da primeira edición en 2024, este ano participarán 19 espazos e máis de 30 artistas.

Non, a entrada é gratuíta, ainda que se queres apoiar o proxecto, podes adquirir voluntariamente por 18 € o Paquete Mecenas, que inclúe:

  • unha mochila oficial,
  • o mapa dos espazos participantes,
  • un vale desconto de 15 € para compras de arte a partir de 150 €,
  • e outras sorpresas, entre elas o álbum coleccionable con obras cedidas por artistas participantes, que só poderás conseguir con cada visita a un estudio.

Non é necesario. O evento ten unha dimensión expositiva e divulgativa. De feito, moitas das obras non están á venda.
Con todo, a visita é unha oportunidade para coñecer directamente o traballo das artistas, sen intermediacións, e poder adquirir unha peza se o desexas.
A organización non intermedia nin cobra comisión: as vendas realízanse sempre entre visitante e artista.

  • Haberá mapas impresos dispoñibles nos Establecementos colaboradores.
  • Nesta web, na sección Mapa, poderás consultar cada espazo participante.
  • Se accedes desde o móbil, ao premer na dirección de cada ficha de artista abrirase directamente a súa localización en Google Maps.

Estarémolo desexando. Escríbenos a través do formulario de contacto da web e explicaremos como funciona.
Ademais de apoiar a iniciativa, os establecementos colaboradores sodes os primeiros en recibir os mapas de man para ofrecer á vosa clientela e sumarvos así á rede que impulsa este proxecto.

Todos os espazos abren no seguinte horario:

  • Venres 24: de 17:00 a 21:00 h
  • Sábado 25: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
  • Domingo 26: de 11:00 a 14:00 h

Agás, nesta ocasión:

  • a Casa Museo de Xosé Cid en Taboadela, que só poderá visitarse o sábado entre as 17:00 h e as 21:00 h. Atención aos autobuses que publicaremos proximamente.
  • e A Casa do Pozo, proxecto comisariado por Mateo Feijóo na aldea de San Fiz de Vilar (Bande), que só se poderá visitar con reserva de praza no autobús que se anunciará proximamente.

O Paquete Mecenas é unha forma de participar activamente no evento e gozar dunha experiencia máis completa. Inclúe agasallos exclusivos (mochila oficial, álbum coleccionable, vale desconto e outras sorpresas), ademais de servir como recordo da túa participación. Co Paquete Mecenas contribúes a soster o proxecto e a recoñecer o traballo das persoas artistas locais.

Poderás reservalo desde uns días antes do evento ou adquirilo directamente nas túas primeiras visitas aos estudios.

A selección realízase mediante unha convocatoria aberta e tamén por contacto directo con artistas profesionais da provincia. O equipo curatorial ten en conta criterios técnicos, de calidade e de coherencia entre espazos e propostas.
Se algún artista non pode participar nesta edición, queda igualmente rexistrada na nosa base de datos para futuras convocatorias. Debido ás limitacións de capacidade de xestión, algúns espazos interesantes non chegan a formar parte do programa final, pero terémolos en conta de cara ás vindeiras edicións.

Ponte en contacto connosco e avisarémoste cando se abra a convocatoria da III Edición. Será un pracer valorar a túa candidatura.

Podes escribirnos en calquera momento a través da sección Contacto desta web. Estaremos encantadas de atenderche.

Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

RESPONSABLE
UNHA MÁQUINA DE MECANIZADO, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS con N.I.F.: G-42.845.917
Enderezo: rúa Irmáns Xesta, nº6, Baixo, 32002, Ourense
Teléfono: 680 580 545
Correo electrónico: [email protected]