Skip to content Skip to footer
SOBRE A

A MAQUINADORA

Activadora

A Maquinadora, Activadora de Ideas e Proxectos, é un colectivo constituído por ex-alumnado e membros da comunidade educativa do Ciclo de Produción de Audiovisuais e de Espectáculos do CIFP A Farixa, Ourense.

Laboratorio de Ideas

Funciona como un laboratorio de ideas e unha ferramenta para a activación de proxectos, aproveitando o potencial creativo e as inquedanzas do estudantado, comunidades creativas, sectores produtivos e veciñanza implicados en distintos eidos da acción social e cultural. A Maquinadora está inscrita como Asociación sen ánimo de lucro por resolución de 21 de Febreiro de 2021 no Rexistro Central de Asociacións, dependente da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, conforme á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do dereito de asociación.